circuncisión

circuncisión

(< lat circumcisiōne)

  1. s f [MED/ANTROPCULT]

    Excisión total do prepucio. Practícase de forma terapéutica contra a fimose, e como ritual en numerosos pobos (agás nos pobos indoeuropeos e mongólicos, entre outros). Tivo unha importancia especial como manifestación relixiosa entre xudeus e musulmáns. A orixe desta práctica é descoñecida, pero cabe pensar que se remonta a épocas moi remotas. Entre os xudeus, probablemente se deu por influencia exipcia. Axiña se interpretou como sinal de alianza e como distintivo fronte a outros pobos, especialmente os filisteos. Trátase, en xeral, dun rito de iniciación a través do que se accede á categoría de adulto ou se integra nun determinado grupo social ou relixioso.

  2. s f [MED/ANTROPCULT]

    Extirpación do clítoris e, ocasionalmente, do labio superior da vulva das mulleres, que se realiza nalgunhas culturas como rito de iniciación á vida adulta.

    Sinónimos: clitoridectomía.
  3. s f [RELIX]

    Festa que celebra a circuncisión de Xesús, practicada oito días despois da Natividade, xunto coa imposición do seu nome. Ata a reforma do calendario de 1969 dáballe nome á festa do 1 de xaneiro. OBS: Normalmente, escríbese con maiúscula.