circunstancia
(< lat circumstantĭa)
-
-
s
f
Situación ou condición que acompaña un feito nun momento determinado e que pode intervir no xeito de desenvolverse.
Sinónimos: condición, requisito, condición, particularidade. -
s
f pl
Situación na que se encontra unha persoa ou cousa. Ex: Nas circunstancias en que nos atopabamos obramos correctamente.
Ex: Nas circunstancias en que nos atopabamos obramos correctamente.
-
s
f
-
s
f
[DER]
Motivo que, ao concorrer nun feito delituoso, anula ou modifica o grao de responsabilidade orixinal e, en consecuencia, a penalidade. Pode tratarse dunha circunstancia eximente, cando libera de culpa, atenuante, se diminúe a pena, ou agravante, se a aumenta.
-
s
f
[FILOS]
Situación, medio ou horizonte no que se coloca o individuo, en tanto que son constitutivos da súa propia realidade, segundo a filosofía de Ortega y Gasset, e que pode resumirse na máxima: “Eu son eu e a miña circunstancia”.
-
literatura de circunstancias
[LIT]
Produto literario que xorde vinculado a unhas circunstancias históricas determinadas, ben para proclamar a súa adhesión a elas, nas composicións laudatorias, ben para opoñerse a elas, nas de denuncia. Adoita predominar o ton crítico. Na literatura galega hai múltiples textos ligados a diversos momentos históricos, como a invasión francesa, a Guerra Civil española e a posterior ditadura franquista.