condición

condición

(

  1. de condicionar.

  2. s
    1. Calidade propia dun ser ou dunha cousa por natureza.

      Ex: Métese en continuas leas pola súa condición violenta.

    2. Maneira de ser dunha persoa, dende o punto de vista moral.

      Ex: É fácil intimar con el porque é de condición nobre.

    3. pl

      Conxunto de aptitudes dunha persoa.

      Ex: Posúe moi boas condicións para o estudio.

    1. s f

      Calidade ou circunstancia necesaria para que se dea un feito determinado.

      Ex: As condicións que puxo para entrar na cooperativa non son razoables.

    2. s f [DER]

      Determinación que se inclúe nun negocio xurídico polo que se subordinan os efectos dun negocio, na súa totalidade ou nalgunha das súas cláusulas, ao cumprimento dun acontecemento incerto. Segundo os seus efectos pode ser: suspensiva, se subordina a eficacia do negocio ao cumprimento da condición; ou resolutoria, se do cumprimento da condición depende o cesamento dos efectos do negocio. O Código Civil de España non contempla as condicións modificativas porque supoñen unha alteración do contido do negocio. Atendendo á presenza do interesado, as condicións poden ser causais ou potestativas, segundo dependan ou non da vontade dos interesados.

    3. s f [FILOS]

      Circunstancia necesaria para a produción dun fenómeno pero que, a diferenza da causa, non intervén nesta positivamente. Tende a considerarse como causa o conxunto de condicións.

    4. s f [FILOS]

      Antecedente dun xuízo hipotético.

    5. condición “sine qua non”

      Condición sen a que non se realizará unha cousa ou se terá por non feita.

  3. s f
    1. Posición que ocupa unha persoa na xerarquía social.

      Ex: O príncipe protagonizou un matrimonio morganático ó casar cunha muller de baixa condición. Os escravos e mais os homes libres son de distinta condición.

      Sinónimos: categoría, clase, categoría.
    2. Clase ou calidade de nobre.

      Ex: É un home de condición.

  4. s f

    Estado ou circunstancias nas que se atopa unha persoa ou unha cousa.

    Ex: Non me atopo en óptimas condicións para afrontar esta empresa. Vive nunhas condicións infrahumanas. A súa condición laboral non lle permite ter vacacións. Este coche non está en boas condicións.

  5. [DER]
    1. s f

      Estipulación que pactan as partes nun contrato.

    2. s f

      Cláusula obrigatoria do cumprimento da que depende a validez dun acto.

    3. bautismo baixo condición

      Bautismo administrado cando se descoñece se o suxeito foi anteriormente bautizado ou cando se practica a un feto abortivo mentres ten vida.

    4. matrimonio baixo condición

      Matrimonio canónico concreto que subordina a súa validez ao cumprimento dun acontecemento determinado. A Igrexa conserva esta institución pero de modo moi reducido e matizado. As condicións deben ser extrínsecas, futuras, de resultado incerto, posibles e lícitas.

    5. prego de condicións

      Documento de contratación administrativa no que se recollen con carácter xeral as obrigas da administración e do contratista na celebración dun contrato administrativo. Do mesmo modo, tamén se recollen certas claúsulas de estilo tales como garantías convencionais, responsabilidades dos compromisarios e prazos de entrega. Especifícanse tamén as condicións técnicas facultativas para a execución do contrato.

  6. [MAT]
    1. s f

      Presuposto que se ten que cumprir para que sexa certa unha proposición.

    2. condicións de contorno

      Dada unha ecuación diferencial, condicións que cómpre impoñer á solución xeral para que tome uns determinados valores en puntos ou zonas concretas do dominio de valores da variable independente, denominadas contornos do problema. Se o problema dinámico está controlado por unha ou diversas ecuacións diferenciais en derivadas parciais, a solución particular do problema debe satisfacer xeralmente, tamén, unhas condicións iniciais ou unhas condicións iniciais e de contorno ao mesmo tempo.

    3. condicións iniciais

      Dada unha ecuación diferencial, condicións que cómpre impoñer á solución xeral a fin de que tome, ela e as súas derivadas, uns determinados valores para un valor especificado da variable independente.

  7. condicións normais [FÍS]

    Situación dun sistema sometido a unha presión de 760 mm de Hg e a unha temperatura de 0°C.

Frases feitas

  • En condicións. En boas condicións ou en bo estado. Ex: Se non estás en condicións, non veñas. Vendeume a máquina en condicións.