categoría
(
-
s
f
-
Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a unha propiedade, a unha condición ou a outra característica que posúan en común.
Ex: No almacén teñen os produtos agrupados por categorías.
Confrontacións: clase. -
[SOCIOL]
Conxunto de individuos cunhas características comúns, determinadas a priori con finalidade clasificadora ou tipolóxica.
Ex: As categorías sociais predominantes definen a situación económica dun país.
Confrontacións: camada, estrato. -
Importancia de algo polo seu valor con relación a unha clasificación previa.
Ex: As patacas que sementou eran de primeira categoría.
Confrontacións: clase.
-
-
s
f
-
Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que realiza cada persoa.
Ex: Puxéronlle no contrato unha categoría inferior á que lle correspondía.
-
[DEP]
Cada un dos grupos nos que se dividen, durante toda unha tempada, os participantes nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico, ben pola idade dos seus integrantes, ben polos méritos adquiridos anteriormente. Atendendo á idade, adoitan habilitarse procedementos regulamentarios para que un deportista poida participar nas competicións de idades superiores. No caso dos méritos, existe a posibilidade de acceso ou descenso a outra categoría ao remate da tempada: segundo o que se contemple nas distintas regulamentacións, o cambio de categoría pode producirse segundo a clasificación final da competición en cada unha delas, ou logo de disputar unha fase ou eliminatoria de promoción nas que se enfrontan os equipos de categorías contiguas. Noutros casos, é posible adquirir o dereito a participar nunha categoría superior mediante a cesión da praza, adquirida por outros competidores (xeralmente previo pagamento dunha cantidade económica), ou por invitación da institución organizadora (federación ou asociación). Naqueles deportes profesionais nos que a admisión nunha competición non está suxeita aos méritos deportivos, senón que depende doutros criterios (por exemplo a liga NBA de baloncesto), os distintos torneos que disputan equipos diferentes nun mesmo ámbito territorial non se consideran categorías, malia que algunha delas teñan maior prestixio ou relevancia social.
-
-
s
f
[FILOS]
-
Clases xerais ás que se poden reducir os termos, os conceptos ou os entes. O uso técnico da palabra categoría está determinado fundamentalmente pola doutrina de Aristóteles e Kant. Para Aristóteles as categorías son os distintos tipos de predicado que se poden afirmar dun suxeito e que corresponden aos distintos modos de ser das cousas. A lista das categorías é o resultado dun intento de reducir a modos primitivos e irredutibles (xéneros supremos) as múltiples maneiras de predicar ou de ser. Aristóteles distinguiu dez categorías: substancia, cantidade, calidade, relación, lugar, tempo, posición, estado, acción e paixón. Os estoicos propuxeron outras enumeracións e san Tomé de Aquino intentou xustificar racionalmente a lista aristotélica. A linguaxe escolástica emprega o termo de predicados para referirse ás categorías. Para Kant as categorías son conceptos puros do entendemento, formas a priori, é dicir, non proceden da experiencia e representan as funcións esenciais do pensamento. Kant ideou unha táboa de doce categorías agrupadas en catro clases: a primeira, baseada no criterio da cantidade, inclúe as categorías de unidade, pluralidade e totalidade; a segunda segue o criterio de calidade e inclúe a realidade, negación e limitación; a terceira, baseada no criterio de relación, contén a substancia e accidente, causa e efecto, e axente-paciente ou acción recíproca; e a cuarta, seguindo a modalidade, inclúe a posibilidade e imposibilidade, existencia e inexistencia, e necesidade e continxencia. Hegel recuperou o sentido ontolóxico das categorías e Nicolai Hartmann afirmou que unha teoría filosófica ten que levar a cabo unha análise das categorías.
-
Concepto fundamental no sistema de referencias mentais dun filósofo (dunha tendencia ou dunha época) ou dun tipo de actividade humana. Así, fálase, por exemplo, de categorías hegelianas, existencialistas, medievais, psicolóxicas, políticas, etc.
-
-
[LING]
-
s
f
Clase xeral en que se reparten todos os elementos dun sistema lingüístico. A determinación das distintas categorías atende a varios criterios. Jespersen (1924) e Hjelmslev (1928) constataron que existen categorías que, nunha análise máis profunda, están formadas por subdivisións. Neste caso pódese falar de grupo de categorías. Por exemplo, o verbo está constituído por moitas categorías (verbo activo, pasivo, transitivo, intransitivo, medio, reflexivo, recíproco, iterativo e outras). A categoría gramatical caso abrangue as categorías nominativo, acusativo e dativo, entre outras.
-
categoría formal
Categoría que se descobre nunha lingua a partir da maneira na que esta se organiza. Oponse á puramente “nocional” ou “conceptual”. Unha categoría formal, sen correspondencia na realidade, en linguas como o galego é o xénero, xa que se refire a seres non animados.
-
categoría funcional
Categoría que se determina pola función que unha palabra desempeña na frase; así distínguense as categorías de substantivo, adxectivo, pronome, verbo, adverbio, preposición, conxunción e interxección.
-
categoría gramatical
Categoría baseada nos conceptos de forma e de significación gramaticais. Esta categoría realízase nunha ou en varias partes do discurso, e vai marcada por morfemas específicos. Son propiamente categorías gramaticais o xénero, o número, o caso, a persoa, o aspecto, a voz, o tempo e o modo.
-
categoría léxica
Categoría que, segundo Ch. Bally, está formada polas clases de signos pertencentes ao léxico (substantivos, adxectivos, verbos e adverbios), que se combinan no discurso a través de nexos gramaticais.
-
categoría lexicolóxica
Categoría baseada na significación que, segundo L. Hjelmslev, está formada por palabras ou grupos de palabras que teñen unha mesma raíz ou semantema (
Ex: amar, amor, amante, amorío, etc).
-
s
f
-
[MAT]
-
s
f
Estrutura alxébrica composta por unha familia de obxectos matemáticos e por unha familia de morfismos entre estes obxectos. Cumpre as seguintes propiedades: 1) parellas distintas de obxectos dan conxuntos disxuntos de morfismos; 2) existe a composición de morfismos que verifica a propiedade asociativa; 3) para todo obxecto X hai un morfismo de identidade de X en X. Por exemplo, a categoría dos conxuntos ( C on) está formada polos conxuntos e polas súas aplicacións. As categorías relaciónanse mediante functores.
-
teoría de categorías
Teoría introducida cara ao ano 1940 polos matemáticos S. Eilenberg e S. MacLane, fundamentada sobre o concepto de categoría e aplicada inicialmente na topoloxía alxébrica. Emprégase nos problemas alxébricos onde se ten unha estrutura de base e un conxunto de propiedades xenéricas que non dependen da realización nun obxecto matemático concreto, especialmente en álxebra homolóxica e xeometría alxébrica.
-
s
f
-
categoría taxonómica
[BIOL]
Posición ou estado dun taxon na clasificación. Son exemplos de categoría taxonómica a orde, a familia ou o xénero.
-
adx
Sinónimos:
contundente,
indiscutible,
tallante,
terminante.
-
Cada un dos grupos nos que se poden clasificar os obxectos atendendo a unha propiedade, a unha condición ou a outra característica que posúan en común.
Ex: No almacén teñen os produtos agrupados por categorías.
Confrontacións: clase. -
[SOCIOL]
Conxunto de individuos cunhas características comúns, determinadas a priori con finalidade clasificadora ou tipolóxica.
Ex: As categorías sociais predominantes definen a situación económica dun país.
Confrontacións: camada, estrato. -
Importancia de algo polo seu valor con relación a unha clasificación previa.
Ex: As patacas que sementou eran de primeira categoría.
Confrontacións: clase.
-
-
adx
[FILOS]
-
Cada un dos graos ou grupos que se establecen nunha profesión segundo os coñecementos e o tipo de traballo que realiza cada persoa.
Ex: Puxéronlle no contrato unha categoría inferior á que lle correspondía.
-
[DEP]
Cada un dos grupos nos que se dividen, durante toda unha tempada, os participantes nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico, ben pola idade dos seus integrantes, ben polos méritos adquiridos anteriormente. Atendendo á idade, adoitan habilitarse procedementos regulamentarios para que un deportista poida participar nas competicións de idades superiores. No caso dos méritos, existe a posibilidade de acceso ou descenso a outra categoría ao remate da tempada: segundo o que se contemple nas distintas regulamentacións, o cambio de categoría pode producirse segundo a clasificación final da competición en cada unha delas, ou logo de disputar unha fase ou eliminatoria de promoción nas que se enfrontan os equipos de categorías contiguas. Noutros casos, é posible adquirir o dereito a participar nunha categoría superior mediante a cesión da praza, adquirida por outros competidores (xeralmente previo pagamento dunha cantidade económica), ou por invitación da institución organizadora (federación ou asociación). Naqueles deportes profesionais nos que a admisión nunha competición non está suxeita aos méritos deportivos, senón que depende doutros criterios (por exemplo a liga NBA de baloncesto), os distintos torneos que disputan equipos diferentes nun mesmo ámbito territorial non se consideran categorías, malia que algunha delas teñan maior prestixio ou relevancia social.
-
Frases feitas
-
2 De moita importancía nun cargo. Ex: Agora xa ten un posto de categoría.
-
De categoría 1 De condición elevada. Ex: Ten uns veciños de categoría.
-
3 De gran intensidade, calidade, luxo ou características semellantes. Ex: Viaxou nun barco de categoría. Saín do bar cunha borracheira de categoría.