camada

camada

(

  1. s f

    Conxunto de cousas da mesma especie que se estenden por riba dunha superficie ou de algo.

    Ex: Non botes esa camada de estrume no xardín.

  2. s f

    Lugar de repouso dos animais.

    Ex: A camada do gato está ben agochada.

    Sinónimos: cama.
  3. s f

    Conxunto de crías dun mamífero nacidas nun mesmo parto.

    Ex: Desta volta, a gata pariu unha camada de dez gatos.

    Sinónimos: deitada, niñada, rolada.
  4. s f

    Grupo de poboación que posúe unhas características socioculturais comúns.

    Ex: As camadas máis pobres están ben diferenciadas das máis ricas.