deitada

deitada

(< deitar)

  1. s f

    Cada unha das capas de cereal que se estende nunha eira para ser mallada.

    Ex: Aínda nos faltan por mallar moitas deitadas.

  2. s f

    Capa de herba cortada e estendida nun prado, veiga ou noutro tipo de terreo.

    Ex: Coas deitadas da camposa xa facemos os catro feixes.

  3. s f

    Conxunto de crías de animais nacidas nun mesmo parto.

    Ex: Os coellos poden ter a súa primeira deitada ós tres meses de idade.

    Sinónimos: camada, niñada, rolada.

Palabras veciñas

Deisenhofer, Johann | deísmo | deísta | deitada | deitado -da | deitar | deixa