deitar
(
-
(Narón 1970) Actor. Iniciou o seu labor teatral en Caroza Teatro, onde participou en montaxes como Oh! Que facer cando xa sei quen son? (1999). Traballou tamén coas compañías Teatro Maltés, no espectáculo Fillos do rigor (2000); Galería Producións, no espectáculo Auto do prisioneiro (2000); e UVG Teatro en O retrato de Dorian Gray (2001).
-
v t
-
Pór a alguén tombado nunha cama ou noutra superficie para que durma ou descanse.
Ex: Sempre deito o meu bebé nese sofá despois de comer. Deitouno no chan porque estaba mareado.
-
Facer que alguén se meta na cama ou vaia durmir pola noite.
Ex: Nunca consigo deitar os nenos antes das doce.
-
- v t
-
v t
Facer que caia ao chan unha cousa ou unha persoa.
Ex: O ladrón chocou contra min e deitoume no chan.
Sinónimos: tirar, tombar, tumbar. -
v t
-
Botar unha cousa fóra o que contén.
Ex: Aproveitaban a auga que deitaba a mina para lavar. A ola deitou todo o caldo porque tiña unha fenda. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor intransitivo. Ex: Hai que lle botar sebo ó barril porque deita.
Sinónimos: derramar, perder, verter, perder. -
Expulsar pus unha ferida.
Ex: Picou as vinchocas das mans para que deitasen toda a auga que contiñan. A ferida cerroulle mal e déitalle moito pus.
Sinónimos: supurar.
-
-
v t
Pór unha galiña a chocar ovos.
Ex: A miña avoa deitou unha galiña nova con dez ovos e non sacou ningún.
-
v pron
-
Pórse alguén tumbado nunha cama ou superficie similar para durmir ou descansar.
Ex: Deitouse un pouco antes de comer a ver se lle pasaba a dor de cabeza. Deitouse enriba da herba para tomar o sol.
-
Meterse na cama pola noite para durmir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Dáme onde me sente, que eu farei onde me deite. Déitate cedo e érguete tarde, criarás sebo e carne. O que cea e se vai deitar, mala noite quere pasar. En cama pequena deitarse no medio, que é o mellor remedio. O que se deita con cans, érguese con pulgas. Quen con nenos se deita, cagado/luxado amañece/se ergue/se levanta. Quen máis non pode, coa súa muller se deita e dorme. Colle boa fama/sona e déitate/bótate a durmir”.
Ex: Deitámonos todos os días cerca da unha da mañá.
-
-
v pron
Inclinarse unha cousa, especialmente os cereais, por mor do vento, da chuvia ou doutro factor meteorolóxico.
Ex: Co vento que fixo esta semana deitouse o centeo todo.
-
v pron
Manter unha parella relacións sexuais.
Ex: A protagonista desa película deitouse co asasino do seu marido.
Sinónimos: foder.
Frases feitas
-
Ben deitamos de. Gracias a.
-
Ben deitarse que. Menos mal que, bo era que.
-
Deitar perlas aos porcos. Darlle algo bo a alguén que non o sabe apreciar. Ex: Regalarlle algo a túa prima é como deitarlles perlas aos porcos.
-
Deitarse á paparrandona. Meterse na cama sen ningún tipo de preocupación. Ex: Son afortunadas as persoas que poden deitarse á paparrandona.
-
Deitarse co(n) sol. Irse para a cama cando aínda é de día. Ex: Cando mozos durmían poucas horas, pero agora déitanse co sol.
-
Deitarse coas pitas. Meterse na cama moi cedo, cando comeza a escurecer. Ex: Non podemos visitar os nosos tíos despois das oito da noite porque se deitan coas pitas.
-
Deitarse dous e amañecer tres. Indica sorpresa e equivale a parir a muller durante a noite.
-
Deitarse libre e acordar preso. Indica sorpresa desagradable.
-
Deitarse o pan. Tumbarse os cereais.
-
Deitarse vestido. Aplícase ao que madruga moito e parece que aínda non foi a cama.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deito
deitas
deita
deitamos
deitades
deitan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitaba
deitabas
deitaba
deitabamos
deitabades
deitaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitei
deitaches
deitou
deitamos
deitastes
deitaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitara
deitaras
deitara
deitaramos
deitarades
deitaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitarei
deitarás
deitará
deitaremos
deitaredes
deitarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitaría
deitarías
deitaría
deitariamos
deitariades
deitarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deite
deites
deite
deitemos
deitedes
deiten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitase
deitases
deitase
deitasemos
deitasedes
deitasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitar
deitares
deitar
deitarmos
deitardes
deitaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
deita
-
-
deitade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles deitar
deitares
deitar
deitarmos
deitardes
deitaren
deitada
deitados
deitadas