deixada

deixada

(

  1. s f [DEP]

    Xogada de determinados deportes que consiste en lanzar ou pasar a pelota ou o balón cun impulso frouxo. Nos deportes de raqueta, o obxectivo desta xogada é que a pelota vaia caer cerca da parede ou da rede e quede lonxe do alcance do adversario, de xeito que este non poida chegar a evitar o tanto ou, cando menos, que o esforzo realizado para alcanzar a pelota non lle permita recuperar a posición no tempo suficiente para repeler o seguinte golpe. En deportes como o fútbol ou o balonmán, a deixada é un pase que se envía paseniñamente a un compañeiro libre de marcaxe para que este poida lanzar contra a portería con precisión. No baloncesto tamén se denomina bandexa, e consiste nun lanzamento a canastra que se realiza en salto e moi próximo ao aro, impulsando o balón, que se leva coa palma da man aberta e virada cara a arriba, cun leve movemento do pulso.

  2. s f [DEP]

    Tirada que, no xogo de billar, deixa as bólas nunha posición favorable para o xogador que tira.

Palabras veciñas

deitado -da | deitar | deixa | deixada | deixado -da | deixamento | deixar