condicional

condicional

(

  1. adx

    Que só é válido ou realizable baixo certas condicións ou circunstancias.

    Antónimos: incondicional.
  2. adx e s m [LING]

    pospretérito.

  3. [LING]
    1. adx

      Que expresa unha condición ou suposición.

    2. conxunción condicional

      Conxunción que introduce a cláusula que indica a condición necesaria para que se realice algo. En galego son conxuncións condicionais se e como, pero tamén se distinguen locucións condicionais (ou conxuncións condicionais complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, sempre que, a pouco que e con tal que.

      Ex: Se mo dis, douche un regalo. Tráioche o paquete con tal que me deas os cartos.

  4. adx [FILOS]

    Aplícase á conectiva binaria ou diática se... entón. O seu emprego réxese pola regra: un condicional só é falso se o seu antecedente é verdadeiro e o seu conseguinte é falso; en todos os demais casos é verdadeiro. Adoita simbolizarse mediante o signo D. Así, por exemplo, p D q lese: “se p, entón q”.

  5. liberdade condicional [DER]

    liberdade condicional.