condicionamento

condicionamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de condicionar.

    Ex: Co paso dos anos van mudando os condicionamentos socioeconómicos. Na obra reflíctense os condicionamentos relixiosos do autor.

  2. s m [PSIC]

    Modificación do comportamento, propia dos seres con capacidade de aprendizaxe, en función da experiencia. Esta conduta está constituída polo conxunto de respostas aos diversos estímulos ambientais. Nos organismos superiores, a maioría destas respostas son aprendidas. Distínguese entre o condicionamento clásico ou pavloviano, descrito por Ivan Petrovič Pavlov, e o condicionamento operante ou instrumental, experimentado primeiramente por Edward L. Thorndike. O primeiro refírese á conduta neurovexetativa, emocional e afectiva, e o segundo explica a conduta relacionada coa resolución de situacións problemáticas.

  3. s m [ECOL]

    Modificación da estrutura e da composición química do medio causada polos organismos que habitan nel.

  4. s m [LING]

    Influencia do contexto lingüístico sobre as variacións que poida ter unha unidade lingüística. Por exemplo, emprégase a forma comparativa como cando lle segue un verbo en forma persoal (Come tanto como bebe) e a forma coma, cando vai seguida de pronome persoal tónico (É tan alto coma ti).

Palabras veciñas

condicionado -da | condicional | condicionalidade | condicionamento | condicionante | condicionar | condignidade