Ciríaco/Ciríaca

Ciríaco/Ciríaca
[ONOM]

Prenome procedente do grego κυριακός - ή -όν (‘pertencente ao Señor ou a Xesús’), adxectivo derivado da voz grega κύριος -α   -ον (‘que ten autoridade, señor, patrón’), que, ao igual ca Cirilo, xa na época cristiá pasou a designar a Deus. Entre os santos que levan este nome cómpre salientar: o bispo Ciríaco de Xerusalén (s IV), o diácono Ciríaco de Roma (s III-IV) e o patriarca ecuménico Ciríaco de Constantinopla (595? - 616). A súa festividade celébrase o 7 de agosto en Paredes (parroquia de San Pedro de Laroá, Xinzo de Limia) e o 8 (en Riós), aínda que fóra de Galicia é máis común celebralo o 5, 18, 20, 23 ou 24 de xuño.