Ciríaco de Roma, san

Ciríaco de Roma, san

Diácono e mártir. Ordenado diácono polo Papa Marcelo (300), tiña sona de exorcista; conta a lenda que lle sacou o demo do corpo a Artemia, filla do Emperador Diocleciano, e a Fobia, filla do rei de Persia. Maximiano Hércules obrigouno a que renegase da fe cristiá, pero, ante a súa negativa, foi sometido a crueis tormentos ata que finalmente o decapitaron nas termas de Salustio. En Vilariño das Touzas (Riós) invócano contra a dor de cabeza e, sobre todo, contra o pedrazo; sen embargo, noutros lugares para pedir a chuvia mollan o santo. Na iconografía viste a dalmática e leva na man un libro; como atributos, un demo encadeado ou un dragón (exorcista), ou vai acompañado dunha princesiña coroada (a filla do emperador). A súa festa celébrase o 8 de agosto.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma