Cirici i Pellicer, Alexandre

Cirici i Pellicer, Alexandre

Tratadista, crítico de arte e político. Iniciou os estudios de arquitectura na Universitat Autònoma de Barcelona (1935) e, exiliado en 1939, estudiou historia da arte en Montpellier e París. En 1941 regresou a Barcelona, onde se doutorou en Historia (1971) e exerceu como catedrático de Historia Xeral da Arte na Universitat de Barcelona (1981). Centrou a súa investigación na análise estrutural da arte. A súa actividade política levouno a ser senador do Partit Socialista de Catalunya (PSC) en 1978, e como membro da Comisión Constitucional do Senado conseguiu a aprobación da enmenda que aboliu a pena de morte. Colaborou en diversas revistas (Ariel, Domus, Art Actuel International) e publicou, entre outras obras, Picasso antes de Picasso (1946), Miró y la imaginación (1946), Tàpies, testimoni del silenci (Tapies, testemuña do silencio, 1970), El arte modernista catalán (1951), El surrealismo (1949), Art i societat (Arte e sociedade, 1964) e a guía Barcelona, palm a palm (Barcelona, palmo a palmo, 1971). Presidiu a Asociación de Artistas Actuais (1953) e a Asociación Internacional de Críticos de Arte, organizou o Museu d’Art Contemporani de Barcelona (1960) e foi un dos fundadores do Club 49.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso