Ciro II de Persia o Grande
Rei de Persia (559-529 a C). Fillo de Cambises I, foi o fundador do Imperio Persa-aqueménida. Sucedeu ao seu pai como gobernador de Ansham e, logo de reunir baixo o seu mando as principais tribos persas, sublevouse contra Astiaxes e conquistou o territorio dos medos (549 a C), coa súa capital Ecbatana. Posteriormente emprendeu unha campaña na que derrotou a Creso, rei de Lidia, despois de conquistar a capital, Sardes (546 a C). Incorporou ao seu imperio as colonias gregas da Xonia (Mileto, Samos, Éfeso) e someteu Babilonia no 539 a C. Logo da conquista de Babilonia aprobou o edicto de liberación de razas e cultos, que permitiu a diversos pobos, entre outros os xudeus, abandonar Babilonia e volver ás súas terras. Emprendeu numerosas campañas contra pobos situados nos límites do imperio e morreu durante unha campaña nas fronteiras do noroeste de Persia. Destacou pola súa tolerancia e sabedoría política.
Cronología
-
Deceso