cirrocúmulo

cirrocúmulo

(< 1 cirro+ cúmulo)

s m [METEOR]

Nube alta en forma de manto ou banco cirroso, composta de pequenos nobelos brancos ou bólas moi pequenas, sen sombras. Os cirrocúmulos dispóñense en grupos, en ringleira ou formando pequenas ondas, e a súa concentración produce unha imaxe de ceo semellante á cardada. En xeral, representan un estado dexenerado dos cirros e dos cirrostratos.

Palabras veciñas

cirrípede | 1 cirro | 2 cirro | cirrocúmulo | cirrose | cirrostrato | cirrótico -ca