Cirta

Cirta

Cidade de Numidia onde Masinissa estableceu a súa capital despois de vencer a Sífax (203 a C). A súa conquista por Mario (107-106 a C) puxo fin á guerra contra Iugurta. Despois da vitoria de César en Tapso (46 a C), converteuse en colonia do Imperio Romano para beneficiar os veteranos de Sitio. Formou unha confederación con outras tres colonias denominada Cirtea, administrada por un corpo de maxistrados e cunha única sede para o decurión. No 311 fíxose forte o usurpador Domicio Alexandro e Maxencio saqueouna. Constantino reconstruíuna e deulle o nome de Constantina.