Cissa
Cissa
Cidade prerromana do litoral de Catalunya, de dubidosa situación. O seu nome relacionouse co de Cesse, que figura nas inscricións das moedas ibéricas, citadas polos historiadores romanos durante a segunda Guerra Púnica. No ano 218 a C, pouco despois do desembarco romano en Empúries, o xeneral Cneo Cornelio Escipión derrotou nesta cidade as forzas cartaxinesas dirixidas por Hanno.