Citera ou Kíthira
Citera ou Kíthira
Illa do Mar Mediterráneo, en Grecia, pertencente ao nomós da Ática, ao S do Peloponeso (262 km2; 3.469 h [1981]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente no cultivo de viña e oliveiras. Os núcleos de poboación máis importantes son Citera e Pótamos. Politicamente, foi un punto estratéxico e serviu de ponte na expansión dos cretenses cara a Laconia e de avanzada na expansión doria. Adquirida polos fenicios no s X a C, someteuna Esparta e permaneceu no seu poder dende mediados do s VII ata o s V a C, cando a conquistou o ateniense Nicias no 424 a C. Nesta illa construíuse un gran santuario en honor da deusa Afrodita, pois, segundo a mitoloxía, naceu nas súas augas.