citidina
citidina
Nome científico:
[C<sub> 9</sub> H<sub> 13</sub> N<sub> 3</sub> O<sub> 5</sub> ]
s
f
[BIOQ]
Nucleósido constituído por citosina e ribosa. A forma máis frecuente en que se atopa no organismo é en combinación con grupos fosfato, formando parte dos ácidos nucleicos. Así, hai monofosfato de citidina (CMP), difosfato de citidina (CDP) e trifosfato de citidina (CTP), que conteñen un, dous e tres fosfatos, respectivamente, unidos por enlaces de alta enerxía na posición 5’ da ribosa.