Citibank NA

Citibank NA

Entidade bancaria norteamericana, propiedade no 100% de Citicorp. Fundada en 1812 por Samuel Osgood, recibiu o nome de City Bank of New York. Despois de diversas reestruturacións adoptou a denominación de First National City Bank of New York. En 1969 tomou o nome de First National City Corporation e en 1976 o de Citibank NA. En 1979 instalouse en España e en 1983 adquiriu o Banco de Levante que reconverteu en Citibank España.

Palabras veciñas

Citera ou Kíthira | citerior | Cithispa 2000 | Citibank NA | citidílico, ácido | citidina | cítiso