Ciudad

Ciudad

Publicación subtitulada “Semanario de Pontevedra” que apareceu o 21 de maio de 1945. Fundada e dirixida por Emilio Canda, deixou de editarse despois de 1948, tralo número 111. Incluía, fundamentalmente, información sobre a cidade. No eido literario destacan as poesías en galego de Herminia Fariña e os textos de Antón María Doval, Xulio Sigüenza, Celso Emilio Ferreiro e Fermín Bouza-Brey. En castelán apareceron poemas de Manuel Machado e artigos de Cuña Novás e Filgueira Valverde, entre outros autores. Durante as festas da Peregrina de 1947 engadíuselle o suplemento Nuestra ciudad, onde incluía o poema en galego “Rogo a Yavé”, de Celso Emilio Ferreiro.