Ciudad Bolívar
Ciudad Bolívar
Capital do estado de Bolívar, Venezuela, situada ao S do país, na marxe dereita do río Orinoco (253.112 h [1992]). É o principal centro agrícola, gandeiro, mineiro (manganeso, bauxita e ferro) e comercial do Estado. O Orinoco é unha importante vía de comunicación fluvial. Fundada en 1764 por Joaquín Moreno de Mendoza co nome de Angostura, en 1846 cambiouno polo actual. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral barroca.