Ciudad del Este

Ciudad del Este

Capital da provincia do Alto Paraná, Paraguay, situada na marxe dereita do río Paraná, na fronteira con Brasil (133.893 h [1992]). Fundada en 1957, nun primeiro momento denominouse Puerto Presidente Stroessner. A proximidade con Brasil e coas cataratas do Iguaçu convertérona nun importante centro comercial e turístico.