Ciudad Juárez

Ciudad Juárez

Cidade do N do estado de Chihuahua, México, á beira do Río Bravo, na fronteira con Texas (EE UU), fronte á cidade de El Paso (789.522 h [1990]). A poboación aumentou por mor das relacións comerciais cos EE UU, intensificadas dende a entrada en vigor do Tratado NAFTA en 1994. Centro económico dunha rexión de cultivo intensivo, é o mercado do algodón máis importante do país. Fundárona os misioneiros franciscanos coa denominación de Paso del Norte en 1662. Durante a invasión francesa, Juárez instalou alí o seu cuartel xeral e na súa memoria cambióuselle o nome en 1888.