civil

civil

(< lat cīvīle)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente aos cidadáns e ás relacións establecidas entre si cos seus concidadáns no seo do Estado do que forman parte.

      Ex: Non todos os países gozan dos mesmos dereitos civís.

    2. Relativo ou pertencente ao conxunto de todos os cidadáns, á súa organización ou aos seus asuntos internos. Ex: Está regulado no código civil.

      Ex: Está regulado no código civil.

  2. adx
    1. Que pertence á xeneralidade dos cidadáns, por oposición a militar ou eclesiástico. Ex: Casaron nunha voda civil. É raro velo co uniforme, case sempre leva roupa civil.

      Ex: Casaron nunha voda civil. É raro velo co uniforme, case sempre leva roupa civil.

    2. Aplícase á disposición emanada das autoridades laicas, en oposición ás procedentes da Igrexa, ás militares ou ás mercantís.

    3. causa civil [DER]

      Proceso xudicial no que se debaten intereses relacionados co dereito civil.

    4. desobediencia civil [DER]

      Actitude de desafío público e aberto á autoridade que pode expresarse na obxección ao cumprimento da lei vixente e na aceptación voluntaria da sanción que esta obxección comporta.

    5. estado civil [DER]

      Condición de cada persoa en relación coas situacións tipificadas como fundamentais na organización civil da comunidade (propiedade, casamento, réxime dos contratos, condicións dos bens, herdanzas e legados) e que afecta á súa independencia xurídica e á súa capacidade de obrar.

    6. gobernador civil [ADM]

      Órgano da administración periférica do Estado de ámbito provincial ao que corresponde a dirección superior dos servicios estatais na provincia e, entre outras competencias, o exercicio da xefatura superior dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia. A súa orixe está na Constitución de 1812, e a partir da Ley de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado do 14 de abril de 1997, a figura do gobernador civil suprimiuse e substituíuse pola do subdelegado do goberno.

    7. responsabilidade civil [DER]

      Deber xurídico que incumbe ás persoas físicas e xurídicas de responder do feito realizado e de sufrir as súas consecuencias xurídicas, feito que comporta a restitución, a reparación do dano ocasionado e a indemnización polos danos e prexuízos materiais e morais producidos.

    8. sociedade civil [DER]

      Contrato polo que dúas ou máis persoas acordan contribuír en común con bens ou servicios coa finalidade de repartir entre si as ganancias.

    9. sociedade civil [POLÍT]

      Ámbito das relacións entre individuos, grupos e clases sociais que se desenvolve fóra das relacións de poder que caracterizan as institucións estatais.

  3. adx

    Que ten as maneiras dun cidadán, os costumes ou hábitos propios entre as persoas que viven en sociedade. Ex: Demostraron unhas boas actitudes civís. É moi autoritorio e non consegue ter un comportamento civil.

    Ex: Demostraron unhas boas actitudes civís. É moi autoritorio e non consegue ter un comportamento civil.

Palabras veciñas

civet* | civeta | cívico -ca | civil | Civil Española, Guerra | Civila | civilidade