civeta
civeta
(< fr civette < italzibetto < ár zobâd)
s
f
[ANIMAL]
Mamífero do xénero Viverra de ata 80 cm de lonxitude corporal e 50 cm de cola, de corpo longo, fociño agudo e patas curtas. O pelame é de cor cinsenta con manchas e raias negras e a cola anelada de negro e branco. As patas son de talle medio e rematan nunhas uñas curtas e semirretráctiles. Son animais nocturnos e depredadores. Mantíñase en catividade para obter o almiscre que os dous sexos producen nunhas glándulas próximas aos órganos sexuais. Existen 18 especies como a V. civetta, africana, e a Viverra zibetha e a Viverra megaspila, da India.