Civeira
Civeira
[ONOM]
Apelido que pode ter a súa orixe nun antigo alcume que xa se rexistra moi cedo nos documentos galegos escritos en latín: “Pelagius Ceueira” (doc ano 1167 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 400), “Pelagio Ciueira” (doc ano 1192 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 485). O alcume semella remitir ao adxectivo latino cibaria ‘que alimenta’. Non obstante , non se pode descartar a posibilidade de que este apelido proceda dun topónimo Aciveira (lugar no que abundan os acivros) con aférese do a- inicial. Unha variante deste apelido é Cibeira.