cladócero -ra

cladócero -ra

(< clado- + grκέρας  ‘corno’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cladóceros.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da orde dos cladóceros.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de crustáceos branquiópodos, de pequeno tamaño, caracterizados pola posesión de catro ou seis parellas de apéndices torácicos e unha cuncha formada por dúas valvas, da que sae só a cabeza; teñen antenas grandes, que lles serven para nadar. Viven nos estanques e nos lagos. O xénero máis representativo é o Daphnia, que se coñece co nome de pulga de auga.

Palabras veciñas

Cladium | clado | clado- | cladócero -ra | cladodio | cladograma | cladoma