cladoniáceo -a
cladoniáceo -a
(< lat científico Cladonia)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cladoniáceas.
-
s
f
[FUNGO]
Lique da familia das cladoniáceas.
-
s
f pl
[FUNGO]
Familia de liques da orde das lecanorais, de talo fomado por dúas partes: un talo primario, foliáceo, escamoso ou crustáceo; e un talo secundario, erecto, de estrutura radiada, chamado podecio, que é o portador dos apotecios.