Cladophora
Cladophora
[PROTISTA]
Xénero de algas verdes provistas dun talo de ata 20 cm de lonxitude, de cor verde escura, en filamentos ramificados que lles dan un aspecto e tacto de estropallo. Son propias de costas protexidas e soportan a auga doce, polo que poden situarse nos esteiros. En Galicia están presentes as especies C. rupestris e C. albida. Reciben o nome de carroucha, rabo de raposa e verdello.