clan

clan

(< célt clann ‘fillo’)

  1. s m [ANTROP/CULT]

    Grupo de parentesco, superior á familia, que forma a estrutura básica da maior parte das sociedades non organizadas en estados. Nun sentido amplo, o clan defínese como un grupo de parentesco unilineal coa existencia dunhas relacións de consanguinidade baseadas na crenza dun antecesor común, adoito mítico. A exogamia, o totemismo ou a localización, a pesar de ser usuais en moitos casos, non son trazos esenciais do clan. O comportamento social dos membros do clan é semellante ao existente entre verdadeiros consanguíneos: hai unha fraternidade e unha igualdade absolutas, cando menos entre os membros dunha mesma xeración, e o clan (que normalmente posúe un nome xenérico aplicado a todos os membros) regula a propiedade colectiva e os conflitos entre os seus membros. Pode ser local ou agrupar individuos dispersos; sempre hai, pois, un único lugar de culto. A agrupación de clans pode dar lugar a fratries, que comprenden diversos clans aos que se lles supoñen unha orixe común. A existencia de clans presupón un grao de contactos entre individuos máis amplo ca a familia nuclear e ca as liñaxes; é por isto que se dan preferentemente en sociedades dun certo nivel tecnolóxico e dunha certa complexidade social e política. Non obstante, atópase tamén o clan en sociedades cun nivel tecnolóxico moi baixo e unha poboación moi diseminada.

    Confrontacións: tribo.
  2. s m
    1. Sociedade pechada. Ex: O clan dos irlandeses de Nova York ten moito poder.

      Ex: O clan dos irlandeses de Nova York ten moito poder.

    2. Grupo organizado de persoas unidas por un interese común e pouco accesibles. Ex: Forman un clan case que impenetrable.

      Ex: Forman un clan case que impenetrable.

  3. s m

    Derradeira etapa do escultismo.