Clara de Asís, santa
Relixiosa franciscana italiana. En 1211 coñeceu a san Francisco de Asís e, baixo a súa regra e estatutos, fundou a orde das Damas Pobres, coñecida popularmente co nome de clarisas. No convento de San Damián de Asís viviu en clausura perpetua sometida ao voto da santa pobreza. A lenda conta que, mediante os seus rezos, foi quen de afastar os sarracenos que asediaban a cidade de Asís. Polo seu nome foi, tradicionalmente, protectora dos cegos e avogosa das enfermidades da vista (como santa Lucía). Pío XII fíxoa, ademais, patroa da televisión. Popularmente, adóitase ofrecerlle ovos para pedir bo tempo. Na iconografía aparece representada co hábito franciscano atado ao van cun cordón de tres nós (símbolo dos tres votos franciscanos) e leva, como atributos persoais, unha custodia eucarística e unha cruz encol dunha póla de oliveira. Canonizada por Alexandre IV en 1255, a súa festa celébrase o 11 de agosto.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Asís -
Deceso