clareo
clareo
(
s
m
Operación que consiste en estender a roupa, ou as meadas de liño, enxaboada ao sol, botándolle auga a cada pouco para que claree e se poña máis branca ou mesmo sexa máis fácil de quitarlle a sucidade cando se lava de segunda volta. OBS: Xeralmente se utiliza a expresión ó clareo precedida dos verbos poñer, botar e estar. Ex: Puxo todas as toallas brancas ao clareo. Botou as meadas de liño ao clareo e aínda non as recolleu. As sabas están ao clareo para que branqueen.