Claret i Clarà, Antón María santo

Claret i Clarà, Antón María santo

(Sallent, Barcelona 1807 - Fontfroide, Languedoc 1870) Eclesiástico. Estudiou no seminario de Vic (1829) e percorreu como predicador as comarcas catalanas. Acusado de colaborar cos carlistas, marchou a Canarias onde realizou un intenso labor como misioneiro (1848). Fundou en Vic a congregación de Misioneiros Fillos do Immaculado Corazón de María en 1849, denominados popularmente claretianos. Nomeado arcebispo de Santiago de Cuba, fundou alí as relixiosas de María Inmaculada. Chamado a Madrid pola Raíña Isabel II, acompañouna ao exilio. Morreu no mosteiro cisterciense de Fontfroide. Foi canonizado en 1950. Fundou a editorial Llibreria Religiosa (1848), onde publicou, entre outros escritos, o devocionario Camí dret i segur per arribar al Cel (Camiño dereito e seguro para chegar ao Ceo, 1843) e o Catecisme de la doctrina cristiana (Catecismo da doutrina cristiá, 1847).

Palabras veciñas

Clarendon, conde de | Clarendon, Constitucións de | clareo | Claret i Clarà, Antón María santo | Claret i Rubira, Josep Maria | clarete | claretiano -na