Claude, Georges
Físico e enxeñeiro. Modificou, en 1906, o método Linde para a obtención de aire líquido e fíxoo máis económico. No ano 1910 os estudios sobre as descargas eléctricas en gases mostráronlle a posibilidade do seu uso en iluminación. Primeiro aplicouno só aos rótulos luminosos, pero cando, posteriormente, recubriu interiormente os tubos con substancias fluorescentes que emitían unha luz branca, a súa utilización estendeuse. No ano 1911 separou os compoñentes do aire por destilación fraccionada. En 1917 sintetizou amoníaco a partir do aire e do hidróxeno. Dende 1926 estudiou novas fontes de enerxía e construíu unha central oceanotérmica que aproveitaba as desigualdades de temperatura no fondo do mar para obter enerxía, pero non resultou rendible comercialmente. Foi membro da Académie des Sciences dende 1924. Polo apoio que lle deu ao goberno de Vichy durante a Segunda Guerra Mundial foi acusado de colaboracionista.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Saint Cloud