Claudel, Paul

Claudel, Paul

Escritor e diplomático francés. Estudiou dereito e ciencias políticas. Entre 1893 e 1935 exerceu diversos cargos diplomáticos como cónsul (Nova York, Boston, China, Praga, Frankfurt e Hamburgo) e despois como embaixador (Rio de Janeiro, Copenhaguen, Toquio, Washington e Bruxelas). Iniciado literariamente dentro do círculo de Mallarmé, comezou a escribir dramas como Tête d’or (Cabeza de ouro, 1889) ou La ville (A vila, 1890), pero a partir de 1895 deixou de publicar por espazo de dez anos. Fíxose célebre trala publicación de Partage du midi (A metade do mediodía, 1905), obra na que se deixaba sentir a profunda mirada tráxica da existencia que caracteriza a súa escrita, na que tamén están as pegadas dos tráxicos gregos, do teatro oriental, que coñeceu durante a súa estadía como cónsul en Asia. En 1907 publicou Connaissance de L’Est (Coñecemento do leste), unha recolleita das súas experiencias en Asia, e volveu ao teatro cunha triloxía histórica -L’Otage (O refén, 1909), Le pain dur (O pan duro, 1914), Le père humilié (O pai humillado, 1916)- e cos dramas L’annonce faite à Marie (A anunciación feita a María, 1912) e Le soulier de satin (O zapato de satén, 1929). Na produción lírica destacan as obras Grandes odes (Grandes odas, 1900-1908) e Feuilles de saints (Follas de santos, 1925), uns textos que chamaron a atención de directores como Jacques Copeau, Jean-Louis Barrault, George Pitoëf ou Antoine Vitez. En 1946 ingresou na Académie Française.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : sur

  • Deceso

    Lugar : Fère, Aisne

  • Deceso

    Lugar : París