Claudio I

Claudio I

Emperador romano (41-54 d C) da gens Claudia. Elixido sucesor de Calígula polos pretorianos, tentou volver ao programa de Augusto fuxindo da monarquía absoluta e asegurando a confianza do exército e do Senado. Durante os primeiros anos de goberno restaurou a censura e adoptou medidas represivas contra as doutrinas orientais. Buscou igualar as condicións das provincias coas de Italia e introduciu no goberno numerosos libertos de orixe provincial. No ambito militar, adquiriu novas provincias para o Imperio (Britania, Mauritania, Licia e Tracia). Morreu envelenado pola súa segunda esposa Mesalina e sucedeuno o fillo desta, Nerón.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lyon

  • Deceso

    Lugar : Roma