Clausewitz, Karl
Xeneral e teórico militar prusiano. Estudiou na Escola da guerra de Berlín e, máis tarde, participou na comisión para a reorganización do exército. Serviu no exército austríaco desde 1809 e logo da alianza con Napoleón marchou ao exército ruso no 1811. Ascendeu a xeneral (1818) e asumiu a dirección da Escola da guerra ata a súa morte. Dende este novo cargo ocupouse da análise dos problemas de estratexia e de dirección da guerra. Considérase o creador dunha conciencia unitaria e total da guerra, dirixida polo alto mando que debe estar estreitamente ligado e subordinado á política. A súa obra Vom Kriege (Da guerra), publicada postumamente, recolle a nova concepción da guerra, na que subliña o seu carácter violento e a variedade das súas formas. O seu pensamento militar serviulle de fundamento ao moderno pensamento militar alemán e influíu poderosamente nos teóricos do marxismo (Marx, Engels e Lenin).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Burg, Magdeburgo -
Deceso
Lugar : Breslau