Clausilia
Clausilia
[ANIMAL]
Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha de ata 12 mm de lonxitude, moi alongada e estreita, de cor acastañada escura cos labios brancos. En Galicia é común a especie C. bidentata, presente xeralmente na casca das árbores, en pedregais e nos valados húmidos.