cláusula
(
-
s
f
[DER]
-
Cada unha das partes, separacións ou disposicións das que pode constar un acto xurídico público ou particular na súa proxección documental (norma, contrato, testamento, etc). Ex: Unha cláusula do contrato de aluguer recolle a obriga de permanecer no piso durante un ano como mínimo.
Ex: Unha cláusula do contrato de aluguer recolle a obriga de permanecer no piso durante un ano como mínimo.
-
Proposición que adoita situarse no final dun documento xurídico e que serve de condición para o cumprimento do mesmo.
-
cláusula á orde
Declaración que permite transmitir un documento de crédito expedido á orde mediante unha anotación feita no dorso do mesmo documento.
-
cláusula ad cautelam
Fórmula testamentaria empregada con frecuencia polo testador como medida de precaución para indicar a non validez de ningún outro testamento posterior que non inclúa determinados sinais, expresións ou palabras.
-
cláusula cominatoria
Fórmula introducida nos contratos que impón penas ou indemnizacións ás partes no caso de contravir o pactado.
-
claúsula compromisoria
Fórmula que acorda someter á decisión dun ou de varios árbitros as cuestións litixiosas que xorden respecto da interpretación do acordado nun contrato.
-
claúsula de consentimento
Expresión que subordina a transmisión de títulos ou accións á previa autorización da propia sociedade.
-
cláusula de estilo
Fórmula que figura en todos os actos de mesma natureza de modo que pode considerarse sobreentendida aínda que non estea expresamente inserida nun contrato específico.
-
claúsulas de seguridade sindical
Conxunto de disposicións que constitúen verdadeiros límites á liberdade sindical, impostas polos propios sindicatos. É característico do sindicalismo estadounidense. As principais son closed shop, union shop, preferential hiring, maintenance of membership e a claúsula de agency shop, e abarcan compromisos que van desde o desconto no salario da cota sindical á preferencia no acceso aos postos de traballo para os traballadores sindicados.
-
cláusula leonina
Declaración pola que algunha das partes posúe privilexios exorbitantes en prexuízo das outras.
-
cláusula notarial
Mención da intervención do notario na escritura.
-
cláusula ouro/estabilizadora
Pacto polo que as partes que teñen que satisfacer economicamente unha obrigación poden ver aumentada ou diminuída a contía da obriga en función da cotización da divisa, dun determinado metal ou do índice que se estableza. A claúsula ouro indica que a satisfacción das cantidades deberá ser en ouro ou en valor ouro.
-
cláusula penal
Fórmula que, para asegurar o cumprimento da obriga principal, impón sancións á parte que a incumpre ou a demora.
-
cláusula rebus sic stantibus
Cláusula que expresa que as obrigacións subsistirán mentres as circunstancias orixinais non sufran modificacións fundamentais; oponse ao principio de dereito pacta sunt servanda, que obriga ao cumprimento en calquera caso.
-
cláusula resolutoria
Mención que indica o momento ou as causas que poñen fin ás relacións xurídicas xurdidas do contrato.
-
claúsula de tanteo
Limitación á libre transmisión de accións ou participacións que obriga a ofrecelas en primeiro lugar aos demais socios.
-
-
s
f
[LING]
Unidade gramatical caracterizada pola presencia dun verbo ao redor do que se organizan as distintas funcións sintácticas (suxeito, complemento directo, etc). Esta característica é o que distingue a cláusula da súa unidade superior na escala gramatical, a oración, que conta cunha estrutura interna baseada na interdependencia de dous elementos. Dende o punto de vista da súa constitución interna pódese falar de cláusulas simples, aquelas que están formadas unicamente por frases (Ex: Os representantes pediron un aumento salarial), e cláusulas complexas, que presentan recursividade, é dicir, conteñen no seu interior outra cláusula (Ex: Os representantes pediron que lles aumentasen o salario). Esta última é, dende a perspectiva das relacións de dependencia, unha cláusula dominante, e contén no seu interior unha cláusula dominada (que lles aumentasen o salario). O uso contemporáneo deste termo procede da tradición gramatical inglesa, pese a que xa o introduciran no Século de Ouro gramáticos como Villalón, Covarrubias ou Correas, que non sempre empregaban criterios estritamente sintácticos na súa descrición. Dentro da tradición hispánica, designou unha unidade do discurso con significado pleno que podía conter no seu interior unha ou varias oracións. Non obstante , esta distinción non tería continuidade, e a gramática tradicional acabaría utilizando o concepto unitario de oración para referirse á unidade lingüística de sentido pleno que consta de suxeito e predicado. Guillermo Rojo, primeiro en introducir a cláusula na escala de unidades gramaticais, proporciona, dende unha perspectiva funcionalista, unha definición baseada en criterios de tipo sintáctico. Deste xeito, deixa a un lado cuestións como a independencia semántica (significado pleno) ou a relación suxeito-predicado e, en consonancia coas correntes lingüísticas europeas (como a gramática de valencias ou o modelo de dependencias), considera o verbo como eixe fundamental e definitorio da cláusula.
Ex: Os representantes pediron un aumento salarial), e cláusulas complexas, que presentan recursividade, é dicir, conteñen no seu interior outra cláusula (Ex: Os representantes pediron que lles aumentasen o salario). Esta última é, dende a perspectiva das relacións de dependencia, unha cláusula dominante, e contén no seu interior unha cláusula dominada (que lles aumentasen o salario). O uso contemporáneo deste termo procede da tradición gramatical inglesa, pese a que xa o introduciran no Século de Ouro gramáticos como Villalón, Covarrubias ou Correas, que non sempre empregaban criterios estritamente sintácticos na súa descrición. Dentro da tradición hispánica, designou unha unidade do discurso con significado pleno que podía conter no seu interior unha ou varias oracións. Non obstante , esta distinción non tería continuidade, e a gramática tradicional acabaría utilizando o concepto unitario de oración para referirse á unidade lingüística de sentido pleno que consta de suxeito e predicado. Guillermo Rojo, primeiro en introducir a cláusula na escala de unidades gramaticais, proporciona, dende unha perspectiva funcionalista, unha definición baseada en criterios de tipo sintáctico. Deste xeito, deixa a un lado cuestións como a independencia semántica (significado pleno) ou a relación suxeito-predicado e, en consonancia coas correntes lingüísticas europeas (como a gramática de valencias ou o modelo de dependencias), considera o verbo como eixe fundamental e definitorio da cláusula.
-
s
f
[LIT]
-
Parte final dun período construída segundo determinadas regras rítmicas para incrementar a súa expresividade, aparecida nos autores gregos e latinos. Baseada primeiro na cantidade (sílabas longas e breves), a finais da época imperial e nos textos litúrxicos latinos fundamentouse no acento das palabras. Denomínase tamén cursus.
-
Na métrica, aplícase ao conxunto de sílabas que forman unha unidade rítmica ao redor dunha sílaba tónica. Componse, xeralmente, de dúas ou tres sílabas, pero pode chegar a ter catro. A maior parte dos versos están formados por dúas cláusulas, a primeira, no tempo principal ou marcado, e a segunda, no secundario ou débil.
-
-
s
f
[MÚS]
-
Termo que na Idade Media designaba a conclusión dun tema.
-
Breve composición a dúas, tres ou catro voces que se cantaba ao final ou no medio dunha peza de canto plano (gradual, aleluia, responsorio), construída sobre un tema deste. Foi a orixe do motete.
-