Clavé i Roque, Pelegrí
Clavé i Roque, Pelegrí
Pintor. Formouse na escola da Llotja de Barcelona (1822-1833) e en Roma, onde coñeceu a pintura dos nazarenos. Director das clases de pintura da Academia de San Carlos de México (1845-1868), realizou retratos segundo os canons académicos (José Bernardo Couto, 1849). Cultivou tamén a pintura relixiosa (O soño de Elías, 1837) e a pintura histórica (A tolemia de Isabel de Portugal, 1855-1856). Foi membro da Real Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso