Clavé i Sanmartí, Antoni

Clavé i Sanmartí, Antoni

Pintor, gravador e escultor. Traballou nun obradoiro de decoración ao tempo que estudiou na escola da Llotja de Barcelona e nos obradoiros de Angel Ferrant e Josep Mongrell. Dedicouse á realización de carteis cinematográficos e á ilustración. Exiliado en 1939, estableceuse en Francia onde situou o seu obradoiro en Saint-Pierre, na Provenza (1965). Asimilou diversas influencias de Vuillard, Bonnard e Picasso ao servizo dunha plasticidade moi persoal. Realizou, entre outras, as ilustracións de Lettres d’Espagne (Cartas de España, 1943), de Merimée. Como escenógrafo fixo decorados para a ópera de París. A súa pintura é de carácter abstracto, mentres que nas colaxes se achegou ao informalismo. Desde 1975 o máis característico da súa obra é a representación dos fondos que simulan papeis dobrados, feitos coa técnica do trompe l’oeil. Tamén cultivou a escultura e a realización de tapices. Recibiu, entre outros galardóns, o premio especial da Societé Nationale des Beaux Arts (1944), o premio UNESCO da Bienal de Venecia (1956) e o premio Matarasso da Bienal de São Paulo (1957).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona