Cleopatra II
Cleopatra II
Raíña de Exipto, filla de Cleopatra I. Casou cos seus irmáns Ptolomeo VI e Ptolomeo VII. Unha vez mortos, decidiu casar co seu irmán Ptolomeo VIII (quen logo casaría coa súa sobriña, filla de Cleopatra e de Ptolomeo VI). Os enfrontamentos familiares que suscitou ese novo casoiro solucionáronse no 124 a C coa correxencia das dúas raíñas e de Ptolomeo VIII.