cleruquía
cleruquía
(< grκληρουχεία ‘colonia’)
s
f
[HIST]
Colonia grega establecida coa finalidade de manter un dominio político e militar en territorios que a metrópole desexaba anexionar. Os lotes de terras doábanse a cidadáns gregos, co obxectivo de lles dar saída aos excedentes de poboación e de ter guarnicións militares en potencia en lugares estratéxicos do mundo helénico. Este tipo de colonias distinguíanse porque o cleruco conservaba sempre a cidadanía de orixe. Os atenienses estableceron a primeira cleruquía na illa de Eubea no 506 a C.