Clifford, William Kingdon

Clifford, William Kingdon

Matemático e filósofo inglés. Foi profesor de matemáticas no University College de Londres (1871) e membro da Royal Society (1874). Divulgador da xeometría do espacio, suxeriu que a materia é un tipo particular de curvatura do espazo e explicitou as dificultades que as xeometrías non euclidianas presentan na teoría das proposicións sintéticas a priori de Kant. Como filósofo, pertenceu á escola positivista e tratou de dar unha explicación da cousa en si dende un punto de vista evolucionista.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Exeter

  • Deceso

    Lugar : Madeira