Cline, Edward

Cline, Edward

Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou dirixindo numerosas curtametraxes. Entre 1920 e 1923 traballou con Buster Keaton en diversas producións e converteuse nun dos mellores representantes do cine burlesco. Entre as súas producións destacan: Three Ages (Tres idades, 1923), Circus Days (Días de circo, 1923), When a Man’s a Man (Cando un home é un home, 1924), The Crash (O choque, 1928), The Widow from Chicago (A viúva de Chicago, 1930), Breaking the Ice (Rompendo o xeo, 1938), Crazy House (Casa tola, 1943) ou Jiggs and Maggie in Court (Jiggs e Maggie na corte, 1948).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso