clínico -ca

clínico -ca

(< lat clinĭcu < grκλινικός ‘leito, cama’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á clínica.

  2. s [MED]

    Médico que estudia as doenzas e establece a diagnose mediante o exame directo dos enfermos.

  3. s [RELIX]

    Cristián que, por padecer enfermidade, recibía o sacramento do bautismo no leito. O feito de estar o doente impedido dispensáballe do ritual da inmersión, polo que o bautismo se celebraba por aspersión.

Palabras veciñas

clindamicina | Cline, Edward | clínica | clínico -ca | clinícola | clino- | clinocloro