clinómetro

clinómetro

(

  1. s m [AERON]

    Aparello de medición da horizontalidade dunha aeronave.

  2. s m [ARQUEOL/XEOL]

    Aparello de medida do ángulo de inclinación con respecto á horizontal dun estrato, dunha fractura, dun chan xistoso ou da pendente dun terreo. A forma máis simple consiste nun círculo graduado provisto dunha agulla pendular. Emprégase nos traballos de planimetría arqueolóxica.

  3. s m [MAR]

    Instrumento de a bordo usado para medir a amplitude do balanceo do barco e a escora. Consiste nun índice, a xeito de péndulo, co extremo inferior en desprazamento ao longo dun círculo graduado situado no plano transversal da embarcación.

Palabras veciñas

clinoenstatita | clinoide | clinomanía | clinómetro | clinostato | clinozoisita | Clinton, Hillary