clistrón
clistrón
(< grκλυστήρ ‘lavativa, xeringa’)
s
m
[TECNOL]
Tubo electrónico empregado para producir ou amplificar oscilacións de frecuencia moi elevada, baseado na modulación de velocidade dos electróns. Consta dun canón de electróns, dúas cavidades resonantes denominadas rumbatróns e dun ánodo ou colector de electróns. O sinal de entrada aplícaselle á primeira cavidade, mentres que pola segunda se recolle, amplificado, o sinal de saída. Unha variante deste tubo é o clistrón reflexo, que consta dun só rumbatrón e no que o ánodo fai de reflector.