Clodio, san
Clodio, san
Arcebispo de Besançon. Dos nove santos que levan este nome rexistrados polo martiroloxio romano, é o único non lendario. Foi abade do mosteiro de Saint-Oyend e logo arcebispo da vila francesa de Besançon. Aos sete anos renunciou ao seu cargo, tras lle dar pulo na súa diocese ao gusto polas letras e á práctica das virtudes. Participou no ano 517 no Concilio de Epaone e no 529 no de Lyon. Tivo sona de milagreiro. Na iconografía viste de bispo, coa mitra e a cruz, e leva como atributos un meniño resucitado aos seus pés, un cervo e un chifre. A súa festividade celébrase o 6 xuño.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Franco Condado